Burela e Sarriana enfrontaranse na final de Copa cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Copa Provincial

O Burela rexorde na Copa

SAGRADO CORAZÓN 1 – SD BURELA 3

Tras un campionato provincial duro, que pecharon como colistas, o Burela rexorde das súas cinzas para rematar a temporada con opcións de lograr o título de Copa. En semifinais, repetíase o mesmo enfrontamento que pechara o campionato provincial nas Gándaras, un partido igualado que sen embargo se pechou cunha vitoria por catro a cero para un Sagrado Corazón moito máis acertado cara a portería. Desta volta, cambiaron os papeis.
Os locais tiveron as ocasións máis claras no treito inicial do partido, nun par de accións de Yoni e un remate de Samuel, só ante o porteiro, que se foi fóra. sen embargo, foi o Burela quen abriu o marcador cun gol de falta directa de Dani Jiménez aos vinte minutos de xogo. Antes do descanso, Jose creou outras dúas boas ocasións tras senllas xogadas pola banda esquerda con centros á área. David rematou o primeiro fóra e Yoni non acertou a conectar o segundo, que se paseou por diante da portería. O Burela, moi serio en defensa, respondía en accións máis illadas pero igualmente perigosas, con Anxo e Dani como protagonistas. Ao inicio da segunda parte volveron golpear cun gol de córner de Raúl, Os locais recurtaron distancia cun gol de Yoni e volcáronse para conseguir o empate, con máis empuxe que orde, e nunca contra Brais sentenciou co 1-3.

 

A Sarriana saíu da Mina como finalista

PONTENOVA 1 – SARRIANA 4

A Sarriana conseguiu a clasificación para a final de Copa tras derrotar á Pontenova, o único equipo de Segunda Autonómica que chegou a esta altura da competición, poñendo un bo broche á temporada.
Os sarriaos encarrilaron a semifinal na primeira metade con tres goles. O equipo branco fixo valer a súa pegada fronte a un conxunto local que mostrou boas maneiras, pero que non foi capaz de marcar un tanto que o enganchase ao encontro antes do paso polos vestiarios. Na segunda metade, os visitantes anotaron o cuarto antes de que Esteban pechase o marcador co gol do Pontenova.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu