Burela dá un paso de xigante cara o título

En Infantil, Infantil Autonómica, Provincial

Chega  á recta final liderando a táboa e con marxe de erro para alzar o título, que ademais lles permitiría ser cabeza de serie na fase de ascenso

 

SARRIANA 0 – BURELA 3

O Burela recuperou o liderado e puxo terra polo medio cos seus rivais esta semana ao impoñerse nos dous encontros que disputou: o primeiro nas Gándaras o mércores e o segundo o sábado na Ribela. Así, os de Javi Ruíz chegan ás tres últimas xornadas con tres puntos sobre o Ribadeo, segundo clasificado, polo que con dúas vitorias e un empate serían matematicamente campións provinciais.
Ante a Sarriana o partido, de inicio, estivo marcado polas ausencias de Nacho, Tourón e Saúl Fernández, polo que Raúl apostou por un equipo practicamente de primeiro ano para ir moldeando o equipo de cara á próxima tempada.
O Burela tivo o control do xogo desde os primeiros minutos e, antes do cuarto de hora inicial, Fernando inaugurou o marcador tras unha acción individual. Antes do descanso Aleixo, cun remate co calcaño co que colocou o balón no ángulo da portería, fixo o cero a dous.
Na segunda parte, a Sarriana repregouse con orde e o Burela xogou máis en horizontal, ao conformarse coa vitoria sen querer facer máis sangue.
Na recta final, Adrián levou o marcador ata o cero a tres logo dun pase interior de Pablo Gil que aproveitou o punta mariñao tras un rexeitamento.
O Burela será campión Provincial se suma sete dos últimos nove puntos en xogo. Os de Javi Ruíz teñen un calendario propicio malia xogar dous partidos na casa e un fóra. O seguinte será en Becerreá e despois reciben na Marosa á Residencia B para poñer o punto e final á competición nas Gándaras ante o Lugo B, Todo iso con tres puntos de vantaxe sobre Ribadeo, catro sobre o Viveiro e cinco sobre o Rácing Villalbés.

 

O Viveiro medra con aires renovados

 

VIVEIRO 12 – SAGRADO 0

O Viveiro enderezou o rumbo tras o empate e a derrota das dúas últimas xornadas, nas que quedou viu afastarse a primeira praza. Cun once reforzado con novas incorporacións -Bruno Vasco, da Milagrosa, e Ayana, Miranda e Unai, do San Tirso-, os celestes impuxéronse a un Sagrado Corazón que non tivo opcións no Marcos Gómez. O primeiro gol, de Miranda, aos cinco minutos de partido comezou a decantar a balanza para os locais que, ao descanso, xa gañaban por 7-0. Na recta final, ao Viveiro só lle vale sumar de tres en tres. A vindeira cita para os de Antonio Serrano será ante a Sarriana na Ribela. O Sagrado Corazón recibe a outro aspirante ao ascenso, o Rácing Villalbés.

 

O Ribadeo en terra de incógnitas

RIBADEO 6 – BECERREÁ 1

Tramo final de Provincial con moitas incógnitas por resolver polo Ribadeo. Os de Moro son segundos a tres puntos do liderado pero contan cun partido máis que os seus tres principais rivais, polo que optan ao título pero tamén poden quedar fóra da fase de ascenso.
A xornada de descanso do Ribadeo coincide coa última, polo que só lles queda sumar de tres en tres como fixeron ante o Becerréa e agardar un tropezo de Villalbés ou Viveiro para clasificarse entre os tres primeiros. O nivel de xogo dos mariñaos ante o Becerreá demostrou que están enchufados e meterán presión aos seus rivais. Dende os primeiros minutos o Ribadeo xerou ocasións claras de gol e foi Carlos o que inaugurou o marcador e Migui quen o ampliou antes de que Carlos, tras rematar unha falta de cabeza, recortase distancias.
O Ribadeo cortou o soño da remontada visitante con tres a un antes do descanso e, na segunda parte, o partido e o terreo de xogo fixeronse moi longo e grande ao Becerreá, que encaixou tres goles máis nun encontro dominado de principio a fin polos mariñaos.
Na próxima xornada, equipo de Moro visita á Residencia B na Cheda e terá un ollo posto non que pase entre a Sarriana e o Viveiro ademais do que suceda entre ou Sagrado Corazón e o Rácing Villalbés.

 

Os xuíces do Provincial

 

CD LUGO B 9 – RESIDENCIA B 0

O Lugo B impúxose con claridade nas Gándaras onde os de Antón Méndez confirmaron o bo momento polo que atravesan no Provincial infantil. O Lugo B tan só perdeu nunha das últimas cinco xornadas e descansará na seguinte antes de volver á competición tralo parón de Semana Santa sendo un dos xuíces do desenlace da competición, xa que se miden a dous dos catro primeiros: o Ribadeo, aínda con opcións de xogar a fase de ascenso, e o Burela, que pode chegar á cita como campión ou xogalo título no partido das Gándaras.
Ante a Residencia B o Lugo monopolizou o encontro desde os primeiros minutos con tres goles na primeira parte e outros tres remates que se estrelaron na portería defendida por Nico.
Tralo descanso a Residencia B acusou o cansazo ante un Lugo B que ao ter a posesión correu menos e chegou ao tramo final máis enteiro, aumentando a distancia no marcador co paso dos minutos ata chegar ao definitivo nove a cero.
Na próxima xornada a Residencia recibe na Cheda a un Ribadeo que loita polos primeiros postos antes de encarar o parón de Semana Santa como antesala das dúas últimas xornadas neste Provincial infantil.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu