Borrón e conta nova para o Rácing Villalbés B

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Mal sitio para ir xogar e mal día para nós”

LALÍN 7 – RC VILLALBÉS B 0

O Rácing Villalbés B caeu con claridade no Manuel Anxo Cortizo ante un Lalín moi efectivo e que dominou con moita claridade nun encontro no que ata tiveron unha innecesaria colaboración arbitral.
O un a cero tardou tan só tres minutos en chegar e fíxoo tras un disparo que se ía fóra, pero rebotou en Ángel e terminou no fondo da portería de Clemente. O gol deulle ás aos locais, mentres que o Villalbés B tan só podía achicar balóns por momentos. Aos poucos os de Iván Lamas conseguiron sacarse de encima o dominio local, pero cando empezaban a asomar en ataque, á media hora de xogo chegou o dous a cero.
O partido practicamente terminouse no último minuto da primeira parte.Nunha acción na que Anxo roubou un balón, o árbitro deixou seguir a xogada pero o liña parou o encontro para sinalar falta e tarxeta vermella para o central chairego.
Cun xogador menos, con dous a cero no marcador e coa calidade dos xogadores do Lalín, especialmente na parte ofensiva, o Villalbés tan só aguantou dez minutos competindo de poder a poder na segunda parte.
Co terceiro gol o encontro quedou sentenciado por completo, e co catro a cero o Villalbés B deu por perdida unha batalla na que o Lalín fixo sangue ao ampliar a diferenza final ata o definitivo sete a cero co que finalizou o encontro.
Tralo parón, os de Iván Lamas disputarán a primeira final da tempada ante o Victoria B no Roca.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu