Borrón e conta nova para o Lugo B tras cinco xornadas

En Liga Nacional, Xuvenil

A próxima fin de semana ante o lérez os de Diego Cabo xogarán a súa primeira final para enderezar o rumbo na Liga Nacional xuvenil

O Lugo B viaxou a Vigo coa intención de corrixir os erros que lle custaron os partidos ante os esixentes rivais que lle tocaron no inicio de tempada e en parte conseguiuno, sobre todo ao comezo do encontro, pero co paso dos minutos repetíronse e desencadearon na derrota.
Por primeira vez este curso os de Diego Cabo puxéronse por diante no marcador, tras capear o empuxón inicial do Rápido de Bouzas cun gol de Dani ao aproveitar un rexeite tras un saque de esquina.
O guión ía sobre o plan trazado, pero o Lugo B tan só puido manter a vantaxe cinco minutos, xa que os locais dispuxeron dun penalti a favor que parou Losada pero o colmo dos infortunios fixo que o rexeite favorecese aos locais e con iso chegou o un a un.
Ata o descanso o Lugo B estivo mellor e xerou perigo en accións a balón parado, mentres que na segunda parte, nada máis empezar, chegou o dous a un nunha acción sen aparente perigo na que un punta local puxo o balón, nun remate en semifallo, na escuadra.
A partir de aí, coa entrada de Emilio no campo, o Lugo B foi a máis, dominou e xerou perigo con tres lanzamentos directos de falta pero o balón non quixo entrar ante un Rápido de Bouzas replegado e que resistiu o asedio lucense.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu