Borrón e conta nova do Villalbés B para a vindeira semana

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Demos un paso atrás”

VICTORIA B 5  RC VILLALBÉS B 0

O Rácing Villalbés B segue sen puntuar a domicilio tras caer con claridade ante o Victoria B nun partido no que o dianteiro Gabri estivo baixo paus o cuarto de hora final trala expulsión de Nesi.
Ata entón as sensacións xa non foran boas, polo que a mellor noticia ao descanso era o axustado un a cero co que terminou a primeira parte. Na segunda, nada máis empezar, chegou o dous a cero co que o encontro quedou practicamente visto para sentenza.
Tralo terceiro gol do Victoria B Nesi foi expulsado polo que Gabri púxose de porteiro nun tramo final de partido no que os herculinos, con dous goles máis, levaron o marcador ata o cinco a cero final.
O Rácing Villalbés B, que conta ata a data con nove puntos, todos eles conseguidos no Roca, onde os de Iván Lamas suman dúas vitorias consecutivas, esperan facer borrón e conta nova esta semana con adestramentos de calidade para recibir ao Conxo B nas mellores condicións posibles, tendo en conta que non poderán contar con Nesi por sanción e coa posible baixa tamén de Samu, que se retirou do terreo de xogo lesionado neste encontro.
O Conxo B ocupa a antepenúltima praza que estará en xogo no Roca a próxima fin de semana nun duelo directo polo descenso. Os composteláns sumaron catro dos oito puntos a domicilio esta tempada, polo que se presenta un partido de poder a poder e no que están en xogo tres puntos de vital importancia.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu