Borja clasificou ao Porto de Burela no desconto

En Fase de Ascenso, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

OKE – Porto Burela

“Debemos seguir coa mesma ilusión”

PORTO BURELA 1- XUVENTUDE OROSO 0

Todo parecía indicar que a eliminatoria entre o Porto de Burela e o Xuventude Oroso se resolvería desde os once metros, na quenda de penaltis, pero na última xogada do encontro Borja atopouse cun balón solto ao bordo da área tras un mal bloqueo do porteiro rival, que supuxo o gol da vitoria sen que se chegase a sacar xa de centro.
Este gol clasificou aos de Oke para a segunda rolda, na que se medirán co Corme, que perdeu a eliminatoria de campións que lle mediu co Atlético Ribeira por un gol a catro.
Ramiro mantivo con vida ao Porto de Burela con boas intervencións, sobre todo no tramo inicial no que o Oroso foi mellor, Aos poucos os de Oke foron igualando as forzas á vez que o medo a perder apoderouse de ambos equipos ata que ao final, un erro do meta visitante serviu en bandexa o gol de Borja co que o Porto de Burela segue soñando co ascenso a Liga Galega xuvenil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu