Boiro, última pedra no camiño do Viveiro

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica

Os de Antonio Serrano serán novo equipo da Liga Galega infantil se superan a última eliminatoria da fase de ascenso

 

POLVORÍN 0 – SARRIANA 0

O Viveiro segue mostrándose intratable nesta fase de ascenso na que suma 17 goles a favor e ningún en contra nos catro encontros disputados.Tras superar a Estrada e Cambre con suficiencia, aos de Antonio Serrano tan só lles queda unha rolda para dar o salto de categoría. Unha eliminatoria na que se medirán co Boiro, que nesta fase de ascenso apeou da competición ao Cee, 4-1 e 1-1, e ao Villestro, 3-0 e 2-2. ç, gañando os dous encontros de casa e empatando os dous de fóra. O Viveiro terá o factor campo a favor ao xogar a volta no Marcos Gómez pero un bo resultado en Boiro se antóllase clave nesta eliminatoria.
Ante o Cambre, o cruzamento chegaba sentenciado tralo 5-0 do partido de ida pero si quedaba algunha dúbida, Adrián despexounas por completo cun gol de falta directa ao cuarto de hora.
A partir de aí, o Viveiro empezou a pensar na última eliminatoria. Antonio Serrano protexeu aos seus xogadores de posibles tarxetas e Lucas reconciliouse co gol ao facer o cero a dous antes do descanso.
Na segunda parte, Alejandro, que fixo catro nesta eliminatoria ante o Cambre, pechou o marcador final para un Viveiro que segue sen encaixar un só tanto nos catro encontros que disputaron os celestes nesta fase de ascenso á Liga Galega infantil.

 

“Una última eliminatoria para soñar” ANTONIO SERRANO Viveiro CF

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu