Boa versión do Calasancio pese á derrota en Ourense

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“O acerto do Ourense condenounos pese a ter o dominio do encontro”

OURENSE CF 2 – CALASANCIO 1

O Calasancio, xa descendido, volveu demostrar a súa competitividade, que non reflicte o seu posto na clasificación. Os de Cordas presentáronse en Ourense para medirse cun equipo que a próxima tempada competirá na División de Honra e que é segundo na clasificación. Mirando á clasificación este sería un partido cómodo para os locais, pero o Calasancio vendeu cara a derrota e aos puntos sería o vencedor.
O partido foi aberto desde os primeiros minutos, nos que Hugo inaugurou o marcador co cero a un ao rematar unha falta lateral lanzada por Maki.
O Ourense, sen facer practicamente nada, conseguiu empatar o encontro e darlle a volta nun visto e non visto antes de chegar ao descanso con dous goles.
Ao comezo da segunda parte ao Calasancio custoulle un pouco meterse de novo en dinámica de partido, pero aos poucos foron recuperando sensacións nun terreo de xogo amplo ata asediar a portería dun Ourense empequenecido.
Tagüi, Alexandre e Samuel en dúas ocasións, especialmente nunha na que Xosé gañou a liña de fondo e serviu un pase da morte que o atacante monfortino non puido culminar, tiveron as máis claras para un Calasancio que ademais de dar a cara no campo do segundo clasificado mereceu, como mínimo, sumar parte do botín en xogo neste encontro disputado o pasado sábado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu