Boa reacción, pero tardía

En Infantil, Liga Galega

O Calasancio non compareceu na primeira parte e o Porriño xa mandaba no marcador por 2-0 aos nove minutos. No segundo o tempo os monfortinos foron mellores

O Calasancio estivo máis preto de puntuar nesta xornada da Liga Galega infantil do que indica o tres a un final do marcador en Porriño.
Ao conxunto monfortino pegáronselle as sabas e entrou tarde ao encontro ante un Porriño moi intenso de saída que inaugurou o marcador aos cinco minutos e levouno ata o dous a cero cando tan só se disputaran nove.
A partir de aí os de Manu Rodríguez tiveron que remar contracorrente e fixérono.
Aos poucos o Calasancio empezouse a asentar no terreo de xogo e a xerar ocasións, entre elas, dous man a man de Nacho que non puido finalizar antes de que Mariño rematase ao fondo das mallas un centro de Díaz para chegar ao descanso con dous a un no marcador.
Cun 4-4-2 e presionando en campo rival o Calasancio meteulle o medo no corpo ao Porriño, xa que estivo a piques de empatar cun disparo desde fóra da área de Cereijo que se estrelou no poste. Con todo, cando máis preto estaba o dous a dous, o Porriño asestou un golpe definitivo co tres a un á saída dun córner co que deixou visto para sentenza o encontro.
O Calasancio recibirá o xoves ao Coruxo e na fin de semana ao Ourense, ambos encontros nas Instalacións Deportivas Álex Blanco na dobre xornada que disputarán todos os equipos de categorías superiores esta semana.

“Entramos tarde al partido y eso nos condicionó mucho a lo largo del encuentro” MANU RODRÍGUEZ CP Calasancio

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu