Asedio sen derruba do Lugo no treito final ante o Pontevedra

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSITO – CD Lugo

“Un pasiño máis na formación deste grupo, marcado polo compromiso e o traballo de todos eles”

PONTEVEDRA 2 – CD LUGO 1

O Lugo disputou o seu último encontro da tempada a domicilio na División de Honra cadete en Pontevedra, nun encontro con Josito á fronte dun equipo que segue con moitas ausencias e no que cada vez teñen máis protagonismo os xogadores de primeiro ano.
O Pontevedra tivo unha mellor posta en escena, pero o Lugo mantivo o cero a cero inicial ata que apareceu Juan Ángel para inaugurar o marcador ao bordo da media hora, cun disparo desde a frontal da área.
Co cero a un chegouse ao descanso, pero nada máis empezar o segundo tempo o Pontevedra empatou cunha contra letal e deulle a volta ao marcador ao transformar un penalti. Con media hora por diante o Lugo iniciou un asedio sen derruba, xa que dispuxo de claras ocasións para poder empatar por medio de Andrés, que estrelou un balón no traveseiro, e con dous man a man ante o porteiro local de Extremeiro e Brian.
O conxunto lucense despedirá o curso ante o Arousa nas Gándaras na última xornada.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu