Asedio sen derruba do CD Lugo ante o Imperátor

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Seguimos mellorando pouco a pouco e seguro que iremos correxindo máis erros”

IMPERÁTOR 2 – CD LUGO 2

Á marxe do marcador o Lugo fixo un bo partido na Grela ante o Imperátor, nun encontro no que os de Brais Prados xeraron un gran número de ocasións para que os tres puntos viaxasen a Lugo. Con todo, a falta de acerto nos metros finais dos lucenses e a efectividade dos herculinos desencadeou no empate a dous final.
Os primeiros corenta minutos xogáronse practicamente en campo do Imperátor, pero ao descanso o marcador reflectía un sorprendente dous a un.
O Lugo fíxose co control do xogo, combinou en campo rival e atopou espazos para xerar ocasións, pero a falta de acerto e as boas intervencións do porteiro local evitaron que todo isto se vise reflectido no marcador.
O castigo foi maior cando o Imperátor fixo o un a cero cun disparo moi afastado. Pouco despois o Lugo emapatou por medio de Gabri cun bo remate coa zurda, pero ao bordo do descanso, o Imperátor volveu facer diana ao aproveitar o rexeite tras unha boa parada de Jacobo nun contragolpe.
Xa na segunda parte mantívose o mesmo guión de partido, cun Lugo dominando ao seu rival, e este esperando o fallo para saír á contra ou algunha acción a balón parado para poder poñer terra polo medio no marcador.
Co paso dos minutos o Lugo perdeu algo o control do xogo ao entrarlle as présas por igualar o marcador. Isto traduciuse en imprecisións pero Lucas aproveitou un rexeite dentro da área tras un saque de esquina que rematou Gabri en primeira instancia para devolver as táboas no marcador.
Sen estar igual de ben que na primeira parte, na recta final do encontro o Lugo dispuxo de ocasións para levarse os tres puntos, sendo as máis claras cadanseu man a man de Gabri e Freire e un disparo que se foi rozando o larguero de Borja.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu