As segundas partes gústanlle ao CD Lugo B, que volveu á senda da vitoria

En Liga Nacional, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“O traballo e o esforzo de todo o equipo tivo a súa merecida recompensa”

CD LUGO B 4 – BOIRO 2

O Lugo B está sendo de percorrido longo, especialmente na casa tras asinar unha gran segunda parte que nesta ocasión valeu os tres puntos cos que os de Bruno Rodríguez volveron á senda da vitoria na Liga Nacional xuvenil.
No último encontro que disputaran na Fonte, os lucenses reaccionaron a un cero a dous co que se chegou ao descanso ante o Lérez para salvar un punto co empate a tres final. Nesta ocasión todo o botín quedouse en casa.
O guión do partido foi similar en ambos encontros, cunha moi boa posta en escena do Lugo B a nte o Boiro reflectida no marcador co un a cero nada máis empezar o encontro, xa que Álex debutou pola porta grande no minuto un, no primeiro balón que tocaba en partido oficial co Lugo.
Pouco despois, aos seis de xogo, Jesús dispuxo dun man a man para ampliar a diferenza, pero o porteiro visitante gañoulle a partida e acto seguido, na seguinte acción, o Boiro devolveu as táboas ao marcador cun disparo dende fóra da área.
A partir de aí as forzas igualáronse e o Lugo B perdeu o control do partido, especialmente na recta final da primeira parte na que o Boiro acariñou o un a dous.
No descanso Bruno Rodríguez conseguiu variar de novo o rumbo do partido. Nada máis empezar Jesús tivo outra clara ocasión, pero o dous a un asinouno Dani Arias tras rematar unha boa xogada de Lis pola banda.
Co marcador a favo o Lugo B non se conformou e foi a pola sentenza, e conseguiuno con dúas accións calcadas tras roubo de balón e definicións de David, que foi expulsado con tres a un no marcador, e de Dani Arias, que fixo o catro a un pese a xogar o Lugo B en inferioridade numérica. Xa no último minuto chegou o catro a dous final do Boiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu