As postas en escena marcaron o partido do Lugo ante o Pabellón

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Debemos ser, y seremos, autocríticos para sacar el mayor rendimiento posible a esta derrota”

CD LUGO 1 – PABELLÓN 4

O Lugo viuse superado polo Pabellón Ourense nas Gándaras, nun partido no que os visitantes xogaron máis coa vantaxe de ter o marcador ao seu favor tras marcar ao comezo de cada unha das partes. Sobre todo o un a tres aos nove minutos de empezar a segunda.
Ata entón o cuarto de hora inicial foi de tenteo, pero o primeiro en pegar foi o Pabellón co cero a un. Un gol ante o que os de Jose Mato reaccionaron ben e rápido, asinando Andrés o un a un ao aproveitar un balón ao espazo de López.
O Lugo empezou a crecer aos poucos, tendo o mando do partido a partir da posesión pero ao filo da media hora de partido, o Pabellón volveu ver porta cun lanzamento de falta directa que, aínda que puido rozar Demetrio, coouse na portería.
Pese ao un a dous co que se chegou ao descanso, o Lugo retirouse aos vestiarios con boas sensacións, pero o xerro de auga fría non se fixo esperar ao inicio da segunda parte, co un a tres ao pouco de empezar.
Ao Lugo custoulle volver reaccionar ante un rival cómodo co marcador ao seu favor, pero nunca cesou no seu empeño de buscar a portería rival, ata envorcados no tempo de desconto, algo que aproveitaron os visitantes para facer o un a catro final tras unha contra.
Engadíronse catro de desconto, pero o encontro terminouse nesa acción. Agora o Lugo, que só suma unha vitoria nos sete últimos encontros, intentará volver á senda do triunfo a próxima xornada ante o Bergantiños en Carballo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu