As áreas eclipsaron o xogo nas Gándaras e nelas o Pontevedra estivo máis certeiro

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“A pesar del resultado final, la línea del equipo sigue siendo ascendente”

CD LUGO 0 – PONTEVEDRA 3

Agridoce despedida de 2017 para un Lugo que, tras catro xornadas sen perder, viu como o botín escapábase de novo nas Gándaras. Nesta ocasión levouno un Pontevedra, que estivo máis certeiro en ambas áreas.
Os lucenses foron de menos a máis, pero o cero a un á media hora de partido obrigoulles a remar contracorrente tras unha primeira parte na que o fútbol directo gañou moito protagonismo en corenta minutos nos que as defensas impuxéronse aos ataques.
Os de Jose Mato non escatimaron en esforzos. De inicio destacaban unha vez máis as variantes no equipo, as máis significativas no medio campo, onde repetiron no once inicial Conde e Dani, con Álvaro como interior e con Xabi e Prol esperando a súa oportunidade no banquiño.
Sen un dominador claro transcorreu a primeira parte, ata que nunha acción illada chegou o cero a un tras un penalti co que se adiantou o Pontevedra.
Xa na segunda parte o Lugo conseguiu ter máis balón e presenza en campo contrario, e grazas a iso chegaron as ocasións. Conde rematou un centro lateral, Juan Carlos tivo un man a man e a Prol sacáronlle un disparo debaixo dos paus. O un a un parecía cuestión de tempo, pero o Pontevedra exhibiu a súa pegada co cero a dous á hora de partido.
O Lugo non renunciou a nada, envorcouse en busca dun gol que lles metese de novo na loita polos puntos, pero os de Jose Mato non atoparon o camiño e o Pontevedra levou o marcador ata un excesivo e avultado cero a tres cun lanzamento escorado de falta directa que sorprendeu a Jony.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu