As accións a balón parado castigaron ao Calasancio

En Liga Galega, Xuvenil

Mermados polas baixas, os de Rubén Núñez mereceron puntuar en Cangas

O Calasancio saíu mal parado das accións a balón parado, que foron as que acapararon todo o protagonismo nun partido marcado pola choiva e o vento.
O partido empezou de cara para os de Rubén Núñez, xa que Pablo inaugurou o marcador aos tres minutos ao rematar un saque de esquina.
Antes do cuarto de hora inicial o Alondras B devolveu as táboas ao marcador, tamén tras un córner, no que Manu foi obxecto de falta pero o colexiado non o estimou así.
Na media hora restante da primeira parte apenas houbo chegadas ás áreas, obalón non rodaba e non se podía combinar nin trenzar xogada algunha.
Na segunda parte algunha zona do terreo de xogo mellorou, pero as bandas seguían completamente encharcadas.
Juan volveu ter minutos tras lesionarse na primeira xornada de Liga, Rubén Núñez tirou do atacante ante a praga de ausencias por diferentes motivos.
O encontro camiñaba con paso firme cara ao empate, pero de novo unha acción a balón parado variou o rumbo. Outro córner a favor do Alondras B supuxo o dous a un co que o Calasancio deixouse todo o botín en Cangas.

“Partido decidido en accións a balón parado” RUBÉN NÚÑEZ CP Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu