Apagón total en Cospeito

En Infantil, Liga Galega Infantil

O Deportivo borrou do campo a un Lugo falto de intensidade nos primeiros minutos, que despois xa nunca puido engancharse ao encontro disputado na Fonte

 

CD LUGO 0 – DEPORTIVO 8

O Lugo esperaba con ganas ao Deportivo no grupo polo título da Liga Galega infantil. Os lucenses gañaron a pulso o soño de competir cos máis grandes pero nada saíu como se esperaba.
O partido xogouse por semana nun campo distinto ao habitual, en Cospeito, e o Deportivo, que veu con todo o seu arsenal, viu porta desde o inicio cunha facilidade pasmosa.
Todo iso desencadeou nun partido sen apenas historia no que o Lugo entrou por baixo da súa mellor versión. Iso ante un equipo que quere ser campión Galego págase, e caro.
O cero a un chegou no primeiro minuto; aos cinco de xogo, o Deportivo xa se puxo con cero a dous e, antes do cuarto de hora inicial, chegou o cero a tres.
O Lugo quedouse sen marxe para a reacción cunha hora por diante polo que o encontro na Fonte fíxose eterno.
O cero a catro chegou en propia porta. O Deportivo cheirou sangue e foi a por todas asinando un cero a seis ao descanso co que daban un golpe de autoridade moi grande en Cospeito.
No intermedio, Dani Galán intentou que o seu equipo esquecese o marcador e competise na segunda parte coma se empezase un partido novo. Os lucenses, moi tocados de moral pero tamén de orgullo, foron máis competitivos pero, aínda así, o Deportivo levou o resultado ata o avultado cero a oito final.

 

“Lo que nos toca es coger con ganas la semana de entrenamientos para hacer un buen próximo encuentro y sacarnos este mal sabor de boca cuanto antes” DANI GALÁN CD Lugo

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu