Apagón do Calasancio na segunda metade

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“Perdonamos en la primera parte y en la segunda perdimos el partido por errores propios con una falta de actitud incomprensible ”

CALASANCIO 2 – COMESAÑA 3

O Calasancio despediuse da loita polo ascenso á Liga Nacional tras ceder os tres puntos en xogo ante o segundo clasificado, un Comesaña que se viu superado na primeira parte polos monfortinos, pero que aproveitou a desconexión dos de Denís López na segunda para levarse os tres puntos.
Agora o Calasancio, con sete puntos sobre o descenso, buscará unha vitoria que lles asegure a súa presenza unha tempada máis na Liga Galega xuvenil, algo que practicamente teñen asegurado.
Nos primeiros corenta e cinco minutos viuse a unha boa versión do Calasancio, malia contar coa ausencia do capitán, Álex Blanco. Ao cuarto de hora Ceri volveu acudir á súa cita co gol para facer o un a cero ao aproveitar un rexeite tras un saque de esquina. O dominio local mereceu máis premio no marcador que o un a cero co que se chegou ao descanso, xa que Brais e Juan dispuxeron de dúas claras ocasións para ampliar a vantaxe antes do final da primeira parte.
Nada máis empezar o segundo tempo Ceri puido facer o dous a cero, pero cando máis controlado parecía o encontro, o Comesaña empatou ao aproveitar un erro defensivo nun balón frontal.
A partir de aí, incomprensiblemente o Calasancio desapareceu do encontro. O Comesaña fixo o un a dous nun final de partido frenético no que, co Calasancio envorcado, aproveitaron unha contra para facer o un a tres antes de que os monfortinos, xa no tempo de desconto, asinasen o definitivo dous a tres cun gol en propia porta tras varios rexeites na área rival.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu