Apagón albivermello na segunda metade

En Infantil, Liga Galega

Tralo un a cero e o empate ao descanso o Lugo desapareceu. Malia iso, os capitalinos estarán entre os 8 primeiros

O Lugo está clasificado de forma matemática para a segunda fase, polo que se medirá cos mellores equipos de Galicia co título Galego en xogo nunha nova competición na que se citan os oito primeiros clasificados do grupo Norte e os oito primeiros do Sur, baixo un formato de Liga a unha volta na que cada equipo disputará 15 partidos. Os catro primeiros acudirán a unha fase final na que tralas semifinais disputarase a gran final nunha sede aínda por designar.
A falta de dúas xornadas tan só unha quimera deixaría fóra aos lucenses, e trala derrota do Lalín ante o Ural, o Lugo, aínda perdendo os seus dous últimos encontros, estaba matematicamente entre os oito primeiros.
O Galicia Caranza presentouse nas Gándaras o pasado sábado cunha traxectoria irregular, polo que o bo xogo e as últimas catro vitorias consecutivas do Lugo invitaban ao optimismo. Tamén o fixo a boa posta en escena lucense, na que o Lugo fíxose co balón e inaugurou o marcador aos once minutos cun remate de Ayman de cabeza no segundo pau.
No ecuador da primeira parte nada podía presaxiar o desenlace final. O Lugo acomodouse un pouco e a necesidade do Galicia Caranza fixo o resto. Antes do descanso chegou o empate a un nunha acción a balón parado que lle deu ás aos ferroláns. Mentres que tralo paso polos vestuarios a intensidade rival eclipsou e borrou a un Lugo que terminou encaixando unha goleada con catro goles do Galicia Caranza na segunda parte.

“Buena primera parte. Debemos aprender de los errores para ser intensos a lo largo de los 80 minutos” COVI CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu