Ao Rácing, que saíu vivo da primeira parte, faltoulle fortuna na segunda

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés 

“Tiramos la primera parte y cuando quisimos reaccionar ya fue tarde para poder sacar algo positivo”

ESTRADA 3 – RC VILLALBÉS 0

O parón ligueiro chégalle nun bo momento ao Rácing Villalbés, xa que os de Cholas necesitan resetearse para afrontar o tramo final da tempada, no que terán dous finais no Roca ante Victoria B e Bertamiráns.
A saída a Estrada presentábase complicada, pero aínda máis o foi trala discreta primeira parte dos racinguistas. O Villalbés non estivo cómodo ao longo duns primeiros corenta minutos nos que o mellor foi sen dúbida o axustado un a cero co que se chegou ao descanso.
Nos vestiarios Cholas conseguiu reactivar ao seu equipo, e na segunda parte viuse unha mellor versión do Rácing, dispoñendo de ocasións para empatar, pero o que acertou foi o Estrada en dúas accións canto menos estrañas. O dous a cero tras un penalti máis que discutido e o terceiro cun autogol ao intentar despexar un centro lateral.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu