Ao Lugo escapáronselle dous puntos na Fonte

En Cadete, División de honra

Os de Martín Murado levaron a iniciativa no marcador, pero deixaron ir unha renda de dous goles na segunda parte

O Lugo foi superior ao Bergantiños no computo xeneral do encontro, exceptuando nos primeiros minutos nos que os visitantes entraron mellor ao partido deixando claras as súas intencións con fútbol directo sobre o seu mellor xogador, o dianteiro centro William, autor de dous dos tres goles.
Aos poucos os de Martín Murado foron entonándose e empezaron a xerar perigo, sobre todo por banda dereita con chegadas de Iago Fernández e Pérez que terminaban en centros á área e córner.
Con todo, o un a cero antes do cuarto de hora naceu pola banda esquerda, cun centro de Manu que rematou ao fondo das mallas Pérez cun remate no segundo pau desde dentro da área pequena.
O Bergantiños reaccionou co empate a un que asinou William tras unha segunda xogada, pero tan só un minuto despois Brian fixo o dous a un co que se chegou ao descanso.
Ao final da primeira parte o botín para o Lugo ata semellaba escaso, pero ao comezo da segunda metade ampliárono co tres a un. Nesta ocasión foi Pérez o que serviu un bo balón que rematou de volea Manu chegando desde a esquerda para poñer terra polo medio no marcador.
O Bergantiños non se rendeu e recortou distancias ao rematar unha falta lateral que se coou por toda a escuadra, mentres que noutra acción a balón parado, esta vez tras un saque de esquina, chegou o tres a tres cun autogol. A partir de aí asedio sen derruba por parte dun Lugo que mereceu gañar, pero non concretou ningunha das claras ocasións que xerou.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu