Ao derbi coa moral a tope

En Infantil, Liga Galega Infantil, Principal

A Residencia estreou a conta de vitorias ante o Imperátor na Cheda, unha semana antes do gran derbi capitalino ante a Milagrosa que se disputará en Frigsa

A sorte sorriulle por fin á Residencia. Os branquiazuis celebraron a primeira vitoria da temporada tras impoñerse ao Imperátor, un dos equipos que, a priori, loitará por salvar a categoría na segunda fase da temporada.
Os de Kaiser asinaron o mellor partido do que vai de competición sobre todo a nivel ofensivo, movendo o balón con criterio e chegando á area contraria. Aos quince minutos Eric puxo o 1-0 nunha falta desde a frontal, un tanto que rompía a sequía goleadora dos branquiazuis despois de catro xornadas sen marcar. Os da Cheda souberon conservar a vantaxe levando a iniciativa ante un Imperátor que apenas chegou con perigo ata xusto antes do descanso, cando Lois sacou unha boa man para enviar un balón a córner.
Na segunda metade o guión do partido mudou. Á Residencia tocoulle defenderse ante un rival que se veu arriba, máis despois de empatar aos sete minutos do reinicio aproveitando un balón morto na área. Con todo, os branquiazuis aguantaron o envite e lanzaron algunha contra con perigo ata que, no ecuador da segunda metade, unha falta colgada de Nico Fernández acabou con gol en propia meta do Imperátor. Un 2-1 que defenderían ata o final.

“Tres puntos que reforzan o traballo diario que levan facendo estes rapaces. Noroboa a todos” KAISER SDC Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu