Álex fixo xustiza para un Calasancio que encadea dous partidos seguidos sumando

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

 

CORUXO 0 – CALASANCIO 1

Segunda vitoria do Calasancio lonxe dos Escolapios esta tempada na que por primeira vez os de Carlos Fontal suman en dúas xornadas consecutivas. A pasada ante o Alondras en Monforte e esta ante o Coruxo en Vigo asinando catro dos últimos seis puntos en xogo.
Neste encontro os monfortinos impuxéronse cun solitario gol de Álex na segunda parte, pero o Calasancio dispuxo de ocasións para conseguir un marcador máis amplo.
Desde os primeiros minutos viuse a un Calasancio coas ideas claras. A diferenza doutros encontros, neste os de Carlos Fontal xuntáronse e fixéronse fortes no medio campo para roubar e saír á contra. Un plan que executaron á perfección, especialmente Nico e Carmen, que recuperaron moitos balóns e déronlle saída cara os puntas.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial, pero o Calasancio xa puido ir por diante no marcador ao dispoñer Adrián de dúas claras ocasións.
Na segunda parte o Coruxo buscou o un a cero ao estrelar un balón no poste, pero aí termináronse as concesións dun Calasancio que fixo o cero a un ao bater Álex ao porteiro local tras un pase de Adrián ao espazo. A partir de aí continuou o guión previsto e o Calasandio dispuxo de moitas ocasións á contra para conseguir un marcador moito máis amplo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu