Alejandro puxo nun escalón inalcanzable ao Viveiro

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica

Recital celeste na primeira parte con tres goles do defensa central

 

SD VIVEIRO 5 – CAMBRE 0

Suma e segue do Viveiro nesta fase de ascenso á Liga Galega infantil na que os de Antonio Serrano, a base de bo fútbol e entrega, están demostrando unha insultante superioridade. Ao Estrada eliminárono en primeira rolda cun global de 9-0 e ante o Cambre a eliminatoria empeza con 5-0 tras un recital de fútbol celeste na primeira parte, na que Alejandro liderou a sinfonía dun Viveiro que ten pé e medio na última eliminatoria do Grand Slam.
Sen deixar marxe aos minutos de tenteo o Viveiro saltou ao terreo de xogo coa única misión de ir a polo partido.
Ao Cambre non lle deu tempo nin a asentarse no terreo de xogo, xa que no primeiro minuto Ayana tivo unha ocasión tras pase de Lucas e aos dous de xogo, o propio Ayana fixo o un a cero tras bater no man a man ao porteiro visitante.
O Viveiro encerrou ao Cambre no seu campo. A idea era clara e plasmouse no terreo de xogo con balóns á banda onde Ayana e Lucas xeraban perigo constante. Con todo, o gol tivo un actor secundario que acaparou o guión do encontro.
Alejandro, o central celeste, fixo o dous a cero á saída dun córner, o tres a cero con outro remate de cabeza tras unha segunda xogada e o catro a cero de novo cun impresionante remate á saída dun córner. Todo iso na primeira parte para deixar ao Cambre tocado e afundido.
Na segunda o esforzo e as altas temperaturas fixeron que o listón de intensidade baixase considerablemente, pero aínda así o Viveiro nunca perdeu a concentración defensiva, fixo o quinto por medio de Miranda e puido ampliar a conta con varias ocasións claras nas que Lucas, Ayana e Miranda demostraron que son un tridente practicamente imparable nesta categoría.
O encontro de volta preséntase como un trámite, pero o Viveiro debe buscar a sentenza cun gol canto antes para empezar a centrar a súa atención na última eliminatoria na que todo parece indicar que será o Boiro o rival dos celestes, xa que se impuxeron no partido de ida ao Villestro por tres goles a cero.

 

“Si conseguimos mantener este nivel de fútbol, el objetivo cada vez estará más cerca. Ahora a seguir en esta dinámica” ANTONIO SERRANO Viveiro CF

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu