Alberte marcou a diferenza

En Liga Nacional, Principal, Xuvenil

O xogador ex racinguista, que incluso fixo a pretempada co Villalbés, asinou o único gol do encontro no Roca nun partido que ía destinado ao empate 

O ex racinguista Alberte volveu ao Roca como visitante, marcou a diferenza no terreo de xogo e no marcador asinando a vitoria do Pabellón Ourense co único gol dun encontro destinado á repartición de puntos.
O Villalbés empezou con boas sensacións, en repregamento e coas ideas claras á contra, especialmente por medio de Anxo, que recuperou o seu posto no centro do campo, mentres que na punta de ataque Moreda foi o máis incisivo e dispuxo da primeira ocasión ao pouco de empezar, nunha acción na que non chegou por centímetros a conectar co balón.
David, cun disparo que sacou ben o porteiro ourensán tamén estivo preto do un a cero, pero co paso dos minutos o Pabellón foi crecendo da man de Alberte, que no ecuador da primeira parte fixo o único gol do encontro ao rematar de volea un rexeite dentro da área.
O cero a un fixo dano e o Villalbés foise un pouco do partido, polo que o descanso foi unha boa noticia. Nos vestiarios Cholas variou o debuxo e a estratexia, pero a lesión de Rares nada máis saltar ao terreo de xogo, foi un novo contratempo.
O Rácing intentouno, pero con máis corazón que cabeza ante un Pabellón ordenado en repregamento que levou os tres puntos cun gol de Alberte.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu