Abel foi o encargado de iniciar e dirixir a remontada chairega

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

CHOLAS – RC Villalbés

“El resultado final es justo y corto para el partido que han realizado los jugadores”

RC VILLALBÉS 2 – ESTRADA 1

O Rácing Villalbés sumou a súa segunda vitoria consecutiva no Roca coa que os de Cholas despegan da zona baixa da clasificación ao sumar nove puntos.
Ademais, tras impoñerse con moi boas sensacións ante un dos equipos revelación do campionato ata a data, encararán o encontro da próxima xornada ante o Victoria B con moita moral para estrear a conta a domicilio e dar o salto ata a zona media da clasificación.
Ante o Estrada o potencial físico dos visitantes marcou os primeiros minutos nos que, sobre todo a balón parado, xeraron algo de perigo.
Pouco a pouco o Villalbés foise asentando no terreo de xogo e comezou a dominar o partido a partir da posesión do balón, sendo este o mellor encontro do curso de longo dos chairegos.
Abel foi un incordio para a zaga visitante e o que máis preto estivo do gol na primeira parte. Con todo, a efectividade nestes primeiros corenta minutos correu a cargo do Estrada, ao inaugurar o marcador no único despiste da defensa racinguista.
Pese ao gol encaixado viuse unha boa versión do Villalbés tralo paso polos vestiarios, e froito diso chegou o un a un moi pronto ao rematar Abel un centro tras un saque de esquina no segundo pau.
O empate deu aínda máis confianza aos chairegos, que meteron ao Estrada no seu campo sen que xerase perigo ante Óscar.
Iago tivo o un a dous logo de asinar unha gran acción individual na que se foi de varios defensas, pero non atopou portería co remate. Pouco despois Álex obrigou a lucirse ao porteiro local e de novo Iago, esta vez a porta baleira, quedouse de novo ás portas dun gol que asinou Álex ao transformar un penalti cometido sobre el mesmo a cinco minutos do final, co que o Rácing Villalbés asinou unha nova e merecida vitoria ante un Estrada que conta con 18 puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu