Abegondo e o Deportivo non deron opcións á Milagrosa

En Infantil, Liga Galega

Partido desnivelado entre un conxunto de barrio e unha “Selección Galega”

A Milagrosa pasou o mal grolo que todos os equipos da Liga Galega infantil teñen que sufrir, e ese non é outro que medirse co Deportivo da Coruña no Mundo do Fútbol de Abegondo.
Os herculinos recibiron aos de Madriles nun campo moi amplo no que poden exhibir todo o seu potencial, o dun equipo máis parecido a unha Selección Galega que a un conxunto desta categoría.
Cando visitas Abegondo intentas que o marcador dure co cero a cero inicial o maior tempo posible, xa que si encaixas pronto o partido pódese facer moi longo. Iso foi o que lle pasou á Milagrosa, co un a cero no primeiro minuto de partido.
A partir de aí, o Deportivo xogou moi solto e foi ampliando a diferenza no marcador co paso dos minutos.
A Milagrosa recibirá o xoves en Frigsa ao Ural e viaxará a Bertamiráns a próxima fin de semana na dobre cita que terán os de Madriles nos próximos oito días.

“Resultado muy abultado desencadenado al jugar en un campo tan grande ante un equipo de tanta calidad”MADRILES  Milagrosa

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu