A Residencia, novo lider do Grupo Sur infantil

En Grupo Sur, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

A Residencia asalta   o liderado

 

RESIDENCIA A 4 – SAGRADO CORAZÓN 0

Tras oito xornadas de campionato a Residencia é xa o único equipo invicto no Grupo Sur da Liga infantil autonómica, e ocupa o posto máis alto da táboa trala vitoria do pasado sábado ante o Sagrado Corazón e a derrota da Milagrosa B contra a Piringalla. O equipo adestrado por Kaiser encara o tramo final desta primeira fase dende o máis alto e, a falta de cinco partidos para a conclusión, medirase nas dúas últimas xornadas a Mila B e Villalbés, segundo e terceiro clasificados.
Fronte ao Sagrado aos da Cheda costoulles meterse no encontro, os de Fran Fernández propuxeron máis fútbol nos primeiros minutos ata que a superioridade física dos branquiazuis impúxose para facer Samuel o 1-0 mediada a primeira metade, resultado co que se chegaría ao descanso.
Tralo paso polos vestiarios a Residencia axustou mellor a presión na saída de balón do Sagrado Corazón, algo que propiciou máis roubos en campo contrario que se convertían en claras ocasións de gol. Desa maneira chegou o segundo, de Dani Lorenzana, nunha xogada individual por banda dereita. Pouco despois Nico C. aproveitaba un centro para selar o 3-0 que deixaba o partido practicamente visto para sentenza e, a pouco para o final, Iván facía o definitivo 4-0 que daba a vitoria e o liderado á Residencia A.

 


 

Hat trick de Xiana e triunfo do Becerrea

 

BECERREÁ 6 – FERROVIARIA A 0

Tres goles da xogadora local, sumados aos dous de Hugo e ao de Róber, déronlle os tres puntos aos de Nico Longhini ante a Ferroviaria A, que competiu ben e mantívose no partido ata o segundo gol do Becerreá. A partir de aí os ánimos baixaron nos da Frigsa e os vermellos viron portería catro veces máis. A vindeira fin de semana a Ferro buscará puntuar ante o Ribela e o Becerreá visita ao Sagrado.

 


 

Nove puntos do Abuín en 3 partidos

 

PALAS 1 – ABUÍN 5

Os de Adrián Vázquez seguen escalando posicións na táboa e xa ocupan a sétima posición tras gañar a domicilio ao Palas. Os locais comezaron mellor no encontro, pero no momento en que os branquiazuis se atoparon cómodos comezaron a chegar os goles. Tralo 0-3 ao descanso Tomás recortou distancias, pero Nico Suárez e Santi Vélez sentenciaban pouco despois co 1-4 e 1-5.

 


 

Iván e Sami deron a vitoria a Casás

 

CASÁS 3 – POLVORÍN B 0

Dous goles de Iván nos primeiros minutos encarrilaban o encontro para Casás, que pese a non facer o seu mellor xogo, na primeira parte tirou de actitude e efectividade para selar tamén o 3-0 antes do descanso por medio de Sami. O Polvorín pagaba así a mala saída ao campo unha semana máis, pero no parcial da segunda metade conseguía manter a portería a cero cunha gran actuación de Mariño.

 


 

A Sarriana segue de cheo na loita

 

ANTAS 0 – SARRIANA 9

Tralo empate da pasada semana ante a Piringalla, a Sarriana volve á senda da vitoria e reengancha coa parte alta da táboa para loitar polo pase á segunda fase. Os da Ribela mostráronse moi superiores ao Antas dende o comezo e encarrilaron o encontro xa na primeira metade co 0-4 ao descanso. Na segunda a diferenza continuou ampliándose ata o 0-9,

 


 

A Piringalla acaba coa xeira da Mila B

 

PIRINGALLA 2 – MILAGROSA B 1

Dende a derrota da primeira xornada ante a Resi, a Piringalla non sabe máis que sumar e nesta xornada  derrotou á Mila B, invicta ata a data. Os de Madriles, coa ausencia de Rafa e Miguel, perdían 1-0 ao descanso co gol que facía Adán dende os 11 metros para os locais mediada a primeira parte. Na segunda Xoán ampliaba a vantaxe nunha contra e Javi Cela de penalti recortaba distancias para os albivermellos. Con tempo por diante a Mila tivo algunha para o empate, pero a Piringalla defendeu o resultado, moi segura atrás.

 


 

O Rácing volve á senda da vitoria

 

RC VILLALBÉS A 11 – RIBELA 0

Logo de dúas xornadas sen puntuar os chairegos reencontráronse co triunfo na Magdalena ante o Ribela.  O partido púxoselles pronto de cara co primeiro gol de Javi, que fixo 4 neste encontro, no minuto dous. Os de Turuta, con só un xogador de refresco, non foron quen de frear as acometidas locais e o partido quedaba visto para sentenza ao descanso cun 4-0.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu