A versión do Lugo da próxima tempada vai collendo forma

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Puede que este haya sido el partido más completo de los últimos cinco meses de competición”

RÁCING FERROL 0 – CD LUGO 0

O Lugo da tempada 2018-2019 na División de Honra cadete vai tomando forma. Jose Mato apostou por un once inicial con seis xogadores con ficha B, Manu, Brian, Pérez, Samu, Fonseca, Iván e Brais, estes dous últimos máis habituais co primeiro equipo, no que destacaban os tres puntas e o medio centro de primeiro ano.
Con todo iso, o Lugo foi o protagonista dos primeiros corenta minutos nos que, co aire a favor e o repliegue local, levaron o peso do xogo e monopolizaron as ocasións de gol.
Xa na segunda parte, co vento a favor, o Rácing de Ferrol, a base de balóns longos, conseguiu que o Lugo retrocedese metros, pero os lucenses fixéronse fortes en defensa e mantiveron a súa portería a cero, algo que non conseguían desde o mes de xaneiro. Aos poucos foron estirándose en ataque ata dispoñer de ocasións claras para gañar, como dous disparos de Pérez e Juan Ángel, ou un remate de Brian ao pau, pero o cero a cero non se moveu e o Lugo sumou un punto para romper unha xeira de tres derrotas consecutivas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu