A última xornada repartirá seis prazas para o Provincial

En Provincial, Xuvenil

SAGRADO VENCEU Ao SAN ROQUE e reforzou a súa candidatura á segunda fase. Polvorín e Milagrosa remataron as ligas Norte e Sur como campións zonaisMáxima expectación de cara á última xornada. A antepenúltima, esta fin de semana deixou dúas clasificacións matemáticas máis: a de Villalbés B e Becerreá, que se suman a Polvorín FC e Milagrosa A, pero quedan seis prazas por repartir e nove equipos con aspiracíóns.
As combinacións son múltiples xa que, ademais das segundas e terceiras prazas, queda por decidir o mellor cuarto, un título que se rifarán os equipos dos grupos Norte e Centro.
As ligas apertáronse porque os resultados da fin de semana apenas cambiaron o escenario.
Grupo Norte
San Ciprián, Ribadeo e Foz fixeron os deberes e resolveron os seus respectivos encontros con vitorias, mentres que o Villalbés B logrou o punto necesario para asegurar a clasificación tras un empate co Burela, que certificou a súa liña ascendente nos últimos encontros. Edmilson empatou o partido de penalti e sobre a bucina, aínda que os de Felix tiveran antes ocasións para logralo.
Grupo Centro O encontro máis transcendente da xornada en relación coa segunda fase foi o duelo directo entre San Roque e Sagrado Corazón, que se decantou a favor dos visitantes tras unha expulsión moi criticada no banquiño local que os deixou con dez xogadores na mesma xogada na que encaixaban o 2-2.
Despois, chegarían os dous goles que decantaron o encontro, reforzando a candidatura de Sagrado Corazón e mermando a do San Roque que, malia cumprir sobradamente os obxectivos, vía cerca o soño. As matemáticas aínda lles dan opcións.
Grupo Sur
O Becerreá logrou ante o Palas o punto que precisaba para asegurar o pase ao Provincial. Os de Luis Mato levaron a iniciativa no marcador co 0-2 e co 2-3, pero Damián puxo o empate nos intres finais. Sarriana e Quiroga, que parte con vantaxe, disputaranse o terceiro e último billete do grupo para o Provincial.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu