A tempada segue facéndose moi longa para o Viveiro

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

FIDI  – Viveiro CF

“Desastre total de partido en todos los aspectos”

VIVEIRO CF 0 – VICTORIA 4

O Viveiro encaixou unha clara derrota ante o Vitoria no penúltimo encontro dos celestes esta tempada en casa. Un curso que se está facendo excesivamente longo desde que se descolgaron da loita polo ascenso á Liga Nacional, sumando tan só dúas vitorias nos últimos catorce encontros disputados e tres no que vai de 2018. Uns números moi distintos aos que firmaron na primeira volta de campeonato, na que eran candidatos ao ascenso.
O Victoria adiantouse no Cembedo antes do cuarto de hora inicial. A partir de aí, o partido foi igualado e ata o Viveiro dispuxo de ocasións para poder empatar por medio de David Ben e con algunha chegada por banda de Macly.
Tralo descanso os celestes quixeron meterse no encontro e arriscaron máis, pero a aposta saíu cruz, xa que o Victoria á contra sentenciou o encontro.
O dous a cero chegou aos cinco minutos da segunda parte e xa deixou sen capacidade de reacción ao Viveiro, que terminou encaixando dous goles máis en accións nas que brillou con luz propia a falta de intensidade.
A mellor noticia para o Viveiro é que tan só restan dúas xornadas para finalizar a competición, a que disputarán en Santiago de Compostela ante o Conxo e ante o Dumbría no Cembedo, antes de irse de vacacións.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu