A sorte deulle as costas a un bo Villalbés no Roca

En Liga Galega, Principal grande, Xuvenil superiores

RC VILLALBÉS
Derrota cruel para unha moi boa versióin do Rácing, especialmente na segunda metade, na que o asedio rematou sen derrubo pese estar o Bergantiños B a merced dos chairegos.
O encontro arrincou con moito ritmo e co gol visitante aos dous minutos tras un disparo lonxano. Pouco despois, Diego, que volveu ao Rácing para suplir ao lesionado Yago, evitou o 0-2 cunha boa intervención nunha das últimas aproximacións do Bergantiños aos seus dominios.
Antes do descanso o Villalbés xa tiña o mando do encontro e Alfredo estivo moi preto de asinar o empate cun disparo que se estrelou no longueiro.
Pero a mellor versión do Rácing aínda estaba por chegar e esta viuse ao longo dos segundos corenta e cinco minutos nos que os de Juan Rodríguez monopolizaron o xogo, sempre en campo rival con chegadas por banda, centros, remates, xogadas a balón parado e demáis, pero todas quedaron inexplicablemente sen a guinda do gol.
Ao final, derrota cruel para un Rácing que asediou a un Bergantiños que defendeu a renta do gol aos dous minutos os oitenta e oito restantes de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu