A solvencia defensiva marcou o debut do Lugo na Copa Galicia

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Destaco o traballo defensivo que amosou o equipo. Seguiremos traballando para mellorar na parcela ofensiva”

URAL 0 – CD LUGO 0

O Lugo debutou na Copa Galicia cun empate sen goles en Leyma ante o Ural, nun partido no que as defensas impuxéronse aos ataques e no que Brais Prados continuou dando minutos a xogadores do infantil B. Nesta ocasión chegou o debut do porteiro Raúl na Liga Galega e tamén xogou Lucas, que se uniu a Buide no once inicial.
O Ural tivo o balón gran parte do encontro, pero a solvencia defensiva do Lugo fixo que os herculinos apenas tivesen ocasións claras de gol. O mesmo sucedeulle ao Lugo, que intentou roubar algún balón para saír á contra, pero había moitos metros ata chegar con perigo á portería rival.
Buide despexou baixo paus a ocasión máis clara dun encontro que terminou co cero a cero inicial.
Na próxima xornada, a segunda, o Lugo recibirá nas Gándaras ao Pabellón Ourense que adestra un ex do Calasancio, Marquitos.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu