A segunda volta do Calasancio debe ser o camiño a seguir a vindeira temporada

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“Mal partido para cerrar una temporada de menos a más con una buena segunda vuelta”

PABELLÓN 4 – CALASANCIO 1

Calasancio e Pabellón B chegaron á última xornada sen nada en xogo. Os monfortinos tras selar a permanencia nunha segunda volta na que, de ser unha competición normal, estarían moito máis preto do ascenso que do descenso, e os ourensáns segundos pero sen poder celebrar o ascenso, ao estar o seu primeiro equipo na Liga Nacional.
Con todo iso viuse un partido aberto, con moitas ocasións, tendo máis os locais nunha primeira parte con Losada como principal protagonista para que se mantivese o cero a cero inicial ata o descanso ,cunha serie de boas intervencións, Pola súa banda o Calasancio tivo a máis clara cunha acción de Brais que non puido culminar en última instancia.
A igualdade no marcador mantívose ao comezo da segunda parte, na que un rebote que o árbitro non considerou voluntario deixou a un xogador do Pabellón Ourense só ante Losada na acción do un a cero.
A partir de aí os locais chegaron con máis facilidade á área monfortina, e con iso a diferenza no marcador ampliouse ata o catro a cero a falta de dez minutos para o final.
Na recta final o Calasancio tirou de orgullo e terminou mellor o encontro, tendo a recompensa do gol cun bo tanto que subiu ao marcador Fagín cun remate de cabeza.
O Calasancio marcou o camiño a seguir a próxima tempada na Liga Galega xuvenil na segunda volta do campionato, nun verán no que o equipo reconstruirase polo cambio xeneracional.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu