A Sarriana xa espera rival na gran final tras eliminar á Milagrosa

En Cadete, Cadete Autonómica, Copa Provincial, Principal

RAÚL – Sarriana

“Parabéns ao equipo polo partido realizado ante un contrincante que acaba de ascender a Liga Galega! A disfrutar da final!!”

OMAR – Milagrosa

“Parabéns á Sarriana pola clasificación para a final. E ao noso equipo pola gran tempada realizada e os éxitos acadados”

SARRIANA 3 – MILAGROSA 1

A Sarriana coouse na gran final da Copa Diputación cadete tras eliminar por tres goles a un ao principal favorito. Unha Milagrosa que, pese caer nas semifinais, pechou un ano espectacular no que asinou o salto de categoría, xa que a próxima tempada serán equipo da Liga Galega cadete.
A Sarriana, que tivo altibaixos ao longo da tempada, empezando con moi boa nota e alzándose co título zonal, decaeu no Provincial, pero para a Copa, con Rául á fronte do equipo, están de novo coa súa mellor versión.
A Sarriana suscitou o encontro a conciencia, ata cun debuxo táctico distinto ao habitual, para contrarrestar o potencial da Milagrosa. O plan saíu á perfección para os sarriaos na Ribela.
Ben é certo que a Milagrosa empezou mellor e puido adiantarse no marcador, pero co paso dos minutos a Sarriana foi máis consistente. Xuntou filas e saíu á contra con moitísimo perigo.
Michi estrelou un balón no poste e Abella tivo outra clara antes de inaugurar o marcador, ao fío do descanso co un a cero. Nada máis empezar a segunda parte Hamza aproveitou un erro defensivo da Milagrosa para poñer terra polo medio co dous a cero. A Sarriana puido facer o terceiro á contra, pero Marco deulle emoción á eliminatoria co dous a un. Con todo, Abella asinou o pase para a Sarriana ao culminar unha contra nos minutos finais.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu