A Sarriana segue liderando en solitario seguido de Residencia, Polvorín e Palas

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica

O Polvorín gañou coa lei do mínimo esforzo

 

POLVORÍN 2 – PALAS 1

O Polvorín quedouse con todo o botín en xogo ante o Palas nun partido de máis entrega que vistosidade, sobre todo por parte do Polvorín, que apelou a dúas accións a balón parado para darlle a volta ao marcador na segunda parte.
Ata entón o partido transcorrera moi lonxe das áreas na primeira parte, polo que apenas houbo ocasións claras de gol. O Palas inaugurou o marcador cun golazo de Brais, que conectou un potente disparo dende máis de trinta metros que se coou por toda a escuadra sen que Capón puidese facer nada para deter o lanzamento.
No descanso Caballero revolucionou ao seu equipo deixando na caseta a Michi, Diego e Moaad, pasando o Polvorín a un 4-4-2 co que sen chegar a xogar ben conseguiron ter máis presenza en campo rival.
O Palas esperaba en campo propio a un Polvorín que intentou saír combinado, pero ante a imposibilidad de romper liñas optou por un xogo máis directo co que puido forzar algún córner.
Precisamente tras un saque de esquina chegou o empate a un ao rematar Dhomi de cabeza o balón dentro do área pequena lanzado por Nico, e tras outro córner, esta vez lanzado pola luva dereita de Lucas, o balón terminou no fondo da rede do Palas cun autogol co que se decidiu o encontro.

 


 

A Ferroviaria pagou os pratos rotos na Cheda ante a Residencia

 

RESIDENCIA 11 – FERROVIARIA 0

A Ferroviaria pagou os pratos rotos na Cheda onde a Residencia cedera os tres primeiros puntos da tempada a pasada xornada ante a Sarriana.
Isto supuxo un plus extra nos de Adrián Suárez, que inauguraron o marcador cando tan só se disputaran tres minutos por medio de Martín Bena. Pouco despois, aos sete de xogo, chegou o dous a cero, nesta ocasión por medio de Martín Iglesias.
Ao descanso o marcador xa era de nove a cero, polo que na segunda parte os locais baixaron o nivel de intensidade.
Pese a iso, ampliaron a conta con dous goles máis por medio de Cancio e de novo Martín Bena, que asinou cinco goles.
Na próxima xornada a Residencia descansará, mentres que a Ferroviaria recibirá a outro aspirante ao título, a Sarriana, líder en solitario do grupo Sur cadete.

 


 

Dominio local de principio a fin

 

BECERREÁ 7  – SARRIANA 0

O Becerreá púxose o mono de traballo dende os primeiros minutos polo que nesta ocasión non tivo que remar contracorrente tras unha mala posta en escena. O un a cero chegou moi pronto e asinouno Christian. A partir de aí a seriedade defensiva do Becerreá e o perigo de Yly e Borja na punta de ataque, foron desnivelando o encontro ata o catro a cero ao descanso e o sete a cero ao final

 


 

A Sarriana deu co camiño da vitoria

 

SARRIANA 3 – ABUÍN 0

A Sarriana, que por momentos desquiciouse ante o Abuín na Ribela, segue líder en solitario do grupo sur. Os de Pedro levaron o peso do partido en todo momento, pero ao descanso chegouse cun axustado un a cero tralo gol de Prieto. Xa na segunda parte por momentos a Sarriana desesperouse en busca do segundo gol e púidoo pagar caro, pero Abella e Portillo evitaron males maiores co tres a cero final.

 


 

O un a cero, aos dez segundos

 

SAGRADO CORAZÓN 13 – ANTAS 0

O Sagrado Corazón quedouse cos tres puntos en xogo nun partido no que aos dez segundos Adri xa inaugurara o marcador co un a cero. A partir de aí e co paso dos minutos a diferenza foise ampliando ata o nove a cero ao final da primeira parte e o trece a cero ao final dos oitenta minutos de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu