A Sarriana proclámase campioa do Grupo Sur e o Sagrado entra no Provincial

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica

O Sagrado impúxose na final de Cerdeiriños

 

MONTERROSO 0 – SAGRADO 1

Monterroso e Sagrado Corazón presentáronse en Cerdeiriños para disputar o último encontro da primeira fase, no que estaba en xogo a cuarta praza para disputar o Provincial cadete.
Os dous equipos dependían de si mesmos, aínda que ao Monterroso, que xogaba en casa, valíanlle dous dos tres posibles resultados, o empate e a vitoria.
Con iso xogaron os de Brais Vázquez, e o plan estivo a piques de saír á perfección.
O Monterroso centrou a súa atención en non encaixar gol e o Sagrado, malia que foi de máis a menos, precipitouse en exceso, polo que só puido xerar perigo na primeira parte nalgunha acción a balón parado.
Tralo descanso os capitalinos deron un paso á fronte, meteron ao Monterroso na súa área e Dani Díaz deu coa tecla ao adiantar a posición de Jony Rodríguez. O central colocouse no medio campo e fíxose cun balón longo tras un gran control para encarar a Kevin e batelo cun bo remate. O cero a un, a falta dun cuarto de hora, cambiábao todo.
O Monterroso intentou reaccionar, pero con máis corazón que cabeza, ante un Sagrado que puido deixar sen emoción os minutos finais se chega a entrar un balón que Adri estrelou no larguero.

 


 

Os tantos tardaron en chegar para unha Ferroviaria que foi superior

 

FERROVIARIA 2 – ABUÍN 0

A Ferroviaria foi superior en Frigsa, pero os de Carlos tiveron que armarse de paciencia e esperar ao tramo final do encontro para plasmalo no marcador con dous goles nos últimos cinco minutos de partido.
Ata entón, a Ferroviaria levou o peso do encontro. Na primeira parte o xogo foi máis trabado, pero as ocasións as monopolizaron os locais malia chegar ao descanso co cero a cero inicial.
Na segunda metade repetiuse o guión dos primeiros corenta minutos nos que a Ferroviaria tivo recompensa á súa insistencia na recta final.
Pajón fixo o un a cero ao rematar unha falta lanzada por Héctor, e pouco despois Dani rematou un centro de David para selar o dous a cero final.

 


 

Os goles correron a conta do Ribela

 

RIBELA 9 – ANTAS 0

Ribela e Antas puxeron o punto e final á primeira fase da tempada cun encontro máis igualado do que indica o marcador final.
A posta en escena dos locais foi moi boa, e con tres goles en apenas dez minutos puxeron rumbo fixo cara os tres últimos puntos en xogo. Ao descanso o marcador era de tres a cero. Na segunda parte mantívose este resultado ata o tramo final no que o Ribela volveu ver porta con facilidade para asinar o definitivo 10-0

 


 

A Resi manda nun duelo de aspirantes

 

RESIDIENCIA A 2 – POLVORÍN A 1

A Residencia impúxose ao Polvorín nun duelo de alturas entre dous equipos que se verán as caras no Provincial. Aos dous minutos os da Cheda inauguraron o marcador, pero antes do descanso empatou o Polvorín. Na segunda parte a Residencia foi mellor e Álex plasmouno no marcador co dous a un final.

 


 

A Sarriana alzouse co título zonal con dous goles no tempo de desconto

 

BECERREÁ 1 – SARRIANA 3

A Sarriana presentarase no Provincial cadete como campión de grupo tras impoñerse, con dous goles no tempo de desconto, ao Becerreá no Municipal.
A posta en escena foi mellor por parte dos de Pedro, e froito diso inauguraron o marcador cun gol de Abella cun disparo desde fóra da área no ecuador do primeiro periodo. A Sarriana perdoou a sentenza antes do descanso e na segunda parte o encontro cambiou.
O Becerreá meteulle unha marcha máis ao xogo e devolveu as táboas ao marcador ao transformar Borja un penalti tras xogada de Deiros. O partido camiñaba con paso firme cara ao empate e o zonal viaxaba para A Cheda, pero no tempo de desconto Fabián, cun gol tras saque de esquina, e Abella á contra, déronlle o título á Sarriana.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu