A Sarriana imparable cara o título zonal e vitorias de Becerreá, Residencia, Monterroso e Sagrado

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica

Picotazo de Abella á Liga

 

SARRIANA 1 – POLVORÍN 0

Sete partidos e sete vitorias dunha Sarriana que ten xa pé e medio no Provincial cadete e que camiña con paso firme cara o título zonal tras impoñerse nun duelo directo ao Polvorín e poñer terra polo medio cos de Montirón e os da Cheda, tras gañarlle tamén á Residencia nos principais enfrontamentos directos.
O Polvorín vendeu cara a derrota na Ribela, ata ao comezo do encontro os de Caballero foron mellores e dispuxeron da primeira ocasión clara cun remate de Dhomi ante a que se luciu Édgar baixo paus.
Con todo, cando máis controlado parecía que tiña o partido o Polvorín, chegou o momento da Sarriana e de Abella, que enviou ao fondo da portería un balón solto tras un rexeite de Capón para desviar un centro de Hamza.
O un a cero chegou a cinco minutos do descanso, polo que os dous equipos retiráronse aos vestiarios para recargar forzas e volver á batalla nos segundos corenta minutos.
A Sarriana sentiuse cómoda en repliegue buscando a Abella ante o xogo combinado do Polvorín, polo que Caballero intentou variar o rumbo ao buscar un fútbol máis directo sobre Dhomi, pero a defensa e o porteiro local estiveron impecables para manter a vantaxe no marcador ata o asubío final.
A Sarriana, con 21 puntos de 21 en xogo, pode ser o primeiro equipo en sacar billete para o Provincial, aínda que a próxima fin de semana afrontará a xornada de descanso.

 


 

O Becerreá firma a terceira consecutiva

 

BECERREÁ 3 – PALAS 2

O Becerreá segue de doce ao asinar a súa terceira vitoria consecutiva. Aos cinco segundos Damián fixo o un a cero, pero coa lesión de Iago o Becerreá foise un pouco do partido. Xa na segunda parte Álex fixo o 2-0 e tras recortar Samu Varela distancias, Brais volveu ampliar a vantaxe,3-1. O Palas non se rendeu e puxo o 3-2 nun marcador que estivo a piques de empatar o porteiro Mateo ao subir a rematar a última xogada do encontro.

 


 

A Residencia segue á caza e captura da Residencia tras gañar na Cheda

 

RESIDENCIA 7 – RIBELA 0

A Residencia segue sen darse por vencida na loita polo título zonal e tras sumar os tres puntos ante o Ribela na Cheda asaltan o segundo posto trala Sarriana, seis por riba pero tamén cun partido máis.
Ante o Ribela o encontro tivo dous partes moi distintas. Na primeira os sarriaos estiveron moi xuntos e competitivos, polo que mantiveron o cero a cero inicial no marcador ata os últimos tres minutos da primeira parte, nos que Martín Iglesias e Adri Cancio, levaron o marcador ata o dous a cero.
Nada máis empezar o segundo tempo a Residencia ampliou e sentenciou o encontro con dous goles nos primeiros cinco minutos. A partir de aí, coa diferenza no marcador e o carrusel de cambios, o encontro perdeu moita intensidade.


 

A lesión de Rovira foi o peor do derbi

 

MONTERROSO 7 – ANTAS 0

O Monterroso quedouse cos tres puntos en xogo no derbi da Ulloa ante o Antas nun partido que chegou co cero a cero inicial ata o bordo do descanso, cando Iván fixo o un a cero a tres minutos do final da primeira parte. Xa na segunda, no dous a cero lesionouse o guardameta Rovira e o Monterroso puxo rumbo fixo cara á vitoria.

 


 

Xoán cun golazo dende 40 metros, e Adri dirixiron o recital do Sagrado 

 

SAGRADO CORAZÓN 7 – AT. ABUÍN 0

O Sagrado Corazón asinou o encontro máis completo da presente tempada ante o Abuín nas Gándaras, onde aos tres minutos os de Dani Díaz xa inauguraran o marcador por medio de Jonathan López, o mesmo que fixo o dous a cero antes de que Xoán, cun disparo dende corenta metros, sentenciase o encontro co terceiro á media hora de partido.
Antes do descanso Samu fixo o catro a cero e na segunda parte o protagonismo en ataque dun bo Sagrado Corazón acaparouno Adri ao asinar os tres goles que se viron nos segundos corenta minutos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu