A Residencia xa está na segunda fase. Milagrosa, Palas e Sagrado os que mellor o teñen de cara ás dúas últimas xornadas

En Grupo Sur, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

O empate sérvelle á Residencia

 

MILAGROSA 3 – RESIDENCIA 3

O equipo de Dani Galán certificou a sua presenza no Provincial tralo empate a uns contra a Milagrosa no Luis López Gorgoso. Os branquiazuis deixaron escapar dous puntos no desconto, tralo penalti e a expulsión no minuto 95 de Brais.
Ata entón o encontro fora igualado e con alternacias, adiantándose primeiro a Resi, ao comezo da primeira parte, cunha volea de Antón. A Milagrosa, pola súa banda, aproveitaba as imprecisións dos da Cheda para ter opcións á contra, e desa maneira remontaban antes do descanso cos goles de Miguel e Álvaro.
Tralo paso polos vestiarios o partido abriuse e, fieis ao seu estilo, calquera dos dous equipos puido facer gol. Sería Veloso, que saíu dende o banco tras pasar a semana con molestias, o que adiantara de novo á Resi ao cazar dous balóns na área. A Mila intentouno de novo á contra por medio de Andrés e Martín, e cando parecía que os tres puntos serían para os branquiazuis, o propio Martín dende os once metros firmaba o definitivo 3-3.

 


 

A Sarriana non tira a toalla e deixa ao Becerreá fóra da loita polo Provincial

 

SARRIANA 7 – BECERREÁ 4

Os de Negrete leváronse os tres puntos nun partido tolo no que se impuxeron os ataques dada a necesidade de vitoria de ambos equipos para seguir con opcións de pasar á segunda fase.
Os locais saíron moi intensos ao campo e, froito diso, puxeron o partido de cara con tres goles na primeira media hora. Lonxe de renderse o Becerreá reaccionou e recortou distancias por medio de Javi e Nacho pouco antes do descanso, para deixar así todo por decidir na segunda parte.
Tralo intermedio repetiuse o guión da primeira metade. Cayuela Isma e Colón, que firmaba así un hat trick, colocaban o 6-3 no marcador, e case sen tempo os cadetes Álex Navarro e Damián facían o 6-4 antes de que Jaquad selara o definitivo 7-4.

 


 

O Monterroso segue con opcións

 

SAN ROQUE 3 – MONTERROSO 4

A vitoria no Polvorín mantén aos de Alberto con vida a falta de dous encontros para o remate da primeira fase. Javi, cun hat trick, e Joselu fixeron os goles visitantes nun encontro no que o San Roque sempre foi a remolque pese a conseguir empatar en dúas ocasións. Os branquiverdes tiveron o 4-4 na última xogada do encontro, pero o balón foise ao pau.

 


 

Primeira vitoria do ano para o Taboada

 

QUIROGA 1 – TABOADA 2

Os de Txiki conseguiron a domicilio en Quiroga o primeiro triunfo da tempada nun encontro moi igualado no que os locais comezaron poñéndose por diante cun gol de Adrián. Quintás facía o empate antes do descanso, mentres que na segunda metade Congui, a falta de vinte para o final, facía o definitivo 1-2. O Quiroga tivo unha moi clara para empatar, pero o disparo de Brian foise ao pau.

 


 

O Polvorín rabuña un empate e o Palas xogarase todo na última xornada

 

POLVORÍN 2 – PALAS 2

Tras irse ao descanso con 0-2 o Palas viuse superado na segunda metade polo Polvorín, que mellorou nos últimos 45 minutos coa entrada de catro cadetes. Os de Mato adiantábanse na primeira xogada, tralo saque de centro, cun gol de Pablo dende fora da área, e o propio Pablo facía o segundo pouco antes do descanso de falta directa.
Tralo intermedio a entrada dos xogadores de banquiño deu unha marcha máis aos amarelos, que empataron cos goles de David e Coque e incluso tiveron algunha para levarse os tres puntos.
O Palas descansa a próxima semana e xogarase o pase ao Provincial ante o Taboada, mentres que o Polvorín depende de terceiros.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu