A Residencia xa está na final tras remontar nas Gándaras e agarda rival

En Autonómica Infantil, Copa Provincial, Infantil

SEOANE – CD Lugo B

“Noraboa polo esforzo realizado, coma sempre, e por conseguir obxectivos”

CÉSAR SANJURJO – Residencia 

“Enhorabuena a todo el equipo. Ahora tenemos que disfrutar de la final”

CD LUGO B 1 – RESIDENCIA 2

A Residencia está na final da Copa Infantil. Os da Cheda remontaron nas Gándaras ante unha competitiva versión do Lugo B, que empezou mellor e dominou o tramo inicial do encontro, no que se adiantaron no marcador cun gol de Ayman nos primeiros minutos, ao aproveitar o rexeite dun disparo a porta de Antón.
Lonxe de baixar o nivel de intensidade, co un a cero no marcador o Lugo B continuou mellor sobre o terreo do xogo, pero a partir do ecuador da primeira parte o encontro empezou a converterse nun ida e volta do que a Residencia saíu mellor parado.
Os da Cheda deron un paso á fronte e aproveitaron a súa velocidade e pegada nos metros finais para darlle a volta ao marcador antes de chegar ao descanso, con dous goles de Iván. O empate a un cun disparo cruzado, e o un a dous cunha volea desde fóra da área ante a que Nacho non puido facer nada.
Ao comezo da segunda parte a Residencia puido sentenciar a eliminatoria cun par de chegadas claras sen finalizar.
Aos poucos, o Lugo B foi metendo á Residencia no seu campo, pero o campión Provincial tirou de galóns para manter o resultado e selar o pase á gran final da Copa Deputación, na que coñecerá hoxe ao seu rival.
O Ribadeo parte como favorito ante Casás no Pepe Barrera, nun encontro que comezará ás 19:00 horas. O conxunto mariñao defende o título que conseguiu a tempada pasada ao impoñerse na final á Sarriana desde os once metros.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu