O empatre en Mila e Palas deixa líder á Residencia

En Grupo Sur, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Mila saca un punto no desconto

 

MILAGROSA 2 – PALAS 2

A Milagrosa sacou un empate tras ir perdendo 0-2 no descanso ante o Palas. Pese ao punto os albivermellos cederon o liderado trala vitoria da Residencia e son segundos, por diante do propio Palas. Os da Frigsa comezaron o encontro dominando e creando ocasións fronte a un equipo embotellado no seu campo. Martín e Álvaro por banda dereita eran un perigo constante, e daba a sensación de que o gol local non tardaría en chegar.
Pero trala intensidade dos primeiros minutos os locais acomodáronse e o Palas aproveitouno para facer dano á contra con dous goles en vinte minutos, ambos obra de Xesús,
Tralo paso polos vestiaros a Mila recuperou a súa mellor versión e foise en busca da remontada. Martín, tras unha xogada individual por banda dereita, facía o 2-1 mediada a segunda metade. Xa no tempo de desconto David L. peinaba un balón colgado á desesperada para Martín, que con moita frialdade picou por encima de Iván para facer o 2-2 xusto antes de que o colexiado asubiara o final do encontro.

 


 

O Sagrado Corazón remonta e segue en postos de acceso á Segunda Fase

 

SAGRADO CORAZÓN 5 – BECERREÁ 3

Os de Brais tiveron que remontar en dúas ocasións para levarse a vitoria ante un Becerreá que afrontou o encontro con numerosas baixas. Os visitantes adiantábanse no minuto 5 cun gol de Nacho, pero o Sagrado volvía poñer as táboas no marcador tralo saque de centro. Mediada a primeira parte dous roubos en banda do cadete Damián supoñían o 1-3 para os de Antón Méndez, que parecían encarrilar o encontro. Pero pouco antes do descanso os branquiazuis empataban de novo cun gol fantasma e unha contra levada por Gundín. Na segunda metade  Júnior facía o 4-3 e, a cinco minutos para o final, o Becerreá pedía outro gol fantasma que neste caso o colexiado non concedeu. Envorcados a polo empate o Sagrado sentenciou á contra.

 


 

A Residencia gaña e toma o liderado

 

SAN ROQUE 2 – RESIDENCIA A 8

A Residencia xá é líder en solitario do Grupo Sur xuvenil tras impoñerse con autoridade ao San Roque en Montirón, donde volveu a brillar con luz propia Veloso, de novo autor de cinco goles nun encontro.
O un a cero do San Roque por medio de Mauro nos primeiros minutos deulle impulso aos locais, pero a Residencia derrubou o muro defensivo con dous goles no treito final da primeira metade. A partir de ahí a Residencia camiñou con paso firme cara o liderado en solitario.

 


 

A defensa do Taboada secou á Sarriana

 

SARRIANA 0 – TABOADA 0

Pese a dominar durante os noventa minutos a Sarriana non foi quen de ver porta no seu partido ante un Taboada que se fixo forte en defensa e sacou un punto da Ribela. Os locais tiveron a ocasión máis clara na última xogada do partido, un remate de cabeza de Diego tras un córner botado por Colón que se foi ao pau.

 


 

A vitoria do Polvorín coloca aos de Kubala a un só punto da cuarta praza

 

QUIROGA 1 – POLVORÍN A 3

A falta de catro xornadas para o remate da primeira fase empezan a configurarse os posibles candidatos ás catro prazas que dan acceso á loita polo Provincial. Un deles é o Polvorín, que trala vitoria ante o Quiroga está a un punto do Sagrado Corazón, que marca o límite nos postos altos da clasificación.
Os de Kubala resolveron o encontro a domicilio ante o Quiroga non sen complicacións, xa que pese a adiantarse na primeira parte os locais fixeron fronte aos amarelos e tiveron opcións de facer algún gol. Na segunda o Polvorín sentenciou con dous goles tras saque de córner, mentres que o Quiroga fixo o seu gol a cinco minutos para o final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu