A Residencia volve reinar no derbi

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

Tralo cero a cero ao descanso os de Kaiser deron un paso á fronte cos cambios, que foron determinantes en Frigsa

 

MILAGROSA 0 – RESIDENCIA 3

A Residencia volveu reinar nun derbi capitalino ante a Milagrosa na Liga Galega infantil. Os de Kaiser, como nos dous enfrontamentos anteriores desta tempada na Liga Galega infantil, impuxéronse aos de Madriles, sendo nesta ocasión cando o fixeron con máis suspense xa que ao descanso chegouse co cero a cero inicial.Os da Cheda tiveron máis recursos no banquiño e os cambios introducidos por Kaiser no descanso foron determinantes, xa que os tres xogadores que saltaron ao terreo de xogo asinaron os tres goles do encontro. Ademais da aportación de Mateo, xogador en idade alevín que disputou o seu segundo encontro na Liga Galega e fíxose coas rendas do centro do campo.
Ata entón, na primeira parte, as forzas estiveron moi igualadas. Incluso a Milagrosa puido adiantarse no marcador ao estrelar un balón no pau tralo saque dunha falta lateral. A Residencia tivo máis control de balón pero sen fluidez para chegar con perigo aos dominios de Pablo.
No descanso Kaiser moveu ficha e coa entrada de Mateo, Álex e Julio o equipo deu un paso á fronte. Julio, ao aproveitar un rexeite do longueiro, fixo o cero a un e a partir de aí a Residencia dominou con máis autoridade ante unha Milagrosa que acusou a ausencia de Leo.
Álex serviu o cero a dous a Nico Fernández cun bo balón ao espazo e o propio Álex foi o autor do cero a tres co que a Residencia levouse todo o botín en xogo de Frigsa cun disparo afastado co que sorprendeu a Pablo.
Na próxima xornada a Residencia recibe ao Riveira no seu último encontro na Cheda e a Milagrosa visita ao Galicia de Caranza en Ferrol.

 

“Hay que aprovechar las ocasiones cuando se tienen para tener opciones de puntuar” MADRILES SDC Milagrosa

“Ogallá podamos ter derbis na liga galega infantil outra vez o antes posible” KAISER SDC Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu