A Residencia cadete selou o pase ao Provincial ante a Piringalla

En Cadete, Principal, Provincial

Os branquiazuis  convertéronse no primeiro equipo en selar a clasificación. Ribadeo, Polvorín, Sagrado e Monterroso deron outro paso adiante cara a meta

O primeiro dos billetes a repartir para o Provincial xa ten dono. A Residencia A asegurou a clasificación para a segunda fase malia quedar aínda doce puntos por disputar para a maioría do equipos. A aritmética non permite máis celebracións esta xornada na que Ribadeo, no Norte, Polvorín e Sagrado Corazón no Centro, e Monterroso no Sur deron outro paso adiante.

Segunda praza Co Ribadeo moi afianzado na primeira praza, algo máis se cabe tras a vitoria deste domingo ante un Xove Lago moi esixente, no grupo Norte a disputa céntrase na segunda praza que hoxe ten máis cerca o Foz. Os de Burunda impuxéronse ao Burela, o outro aspirante, nun duelo directo con alternativas no marcador que acabou decidindo un gol desde a frontal da área de Lucas cando apenas quedaba tempo para máis no Martínez Otero.

Cruce de xeiras
A Cheda foi escenario do partido máis igualado do grupo Centro. Medíronse Abuín e Polvorín, os dous únicos equipos do grupo que sumaran as últimas catro vitorias. O resultado, 1-3, reforza aos amarelos, pero o visto no campo deixou tamén moi boas sensacións entre os branquiazuis.
David mantivo a calma A actuación do gardameta da Sarriana, que evitou o empate nos momentos de máis empuxe do Becerreá, foi chave na vitorias dos da Ribela, que non desisten do Provincial.

12 PUNTOS EN XOGO Quedan por disputar as tres últimas xornadas da competición e tamén a oitava, aprazada para o vindeiro 9 de decembro

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

2 commentsOn A Residencia cadete selou o pase ao Provincial ante a Piringalla

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu