A Residencia regalouse unha última alegría na Liga Galega

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

En Carballo os da Cheda impuxéronse por un gol a catro na última cita

 

BERGANTIÑOS 1 – RESIDENCIA 4

A Residencia despediu a tempada da mellor forma posible, sumando os tres últimos puntos en xogo en Carballo ante o Bergantiños, sendo esta a súa segunda vitoria consecutiva a domicilio tras impoñerse tamén no derbi ante a Milagrosa en Frigsa.Cristian dirixiu nesta ocasión o equipo e a Residencia tivo unha posta en escena brillante na que monopolizou a posesión do balón e aos sete minutos Nico Gómez inaugurou o marcador co seu primeiro gol esta tempada.
Julio, Eric e Alonso dispuxeron das seguintes ocasións antes de que Manu aproveitase unha asistencia de Nico Gómez para levar o marcador ata o cero a dous ao descanso.
Na segunda parte, nada máis empezar, Lucas fixo o cero a tres e pese a que o Bergantiños recortou distancias, Julio evitou calquera amago de remontada co un a catro tan só cinco minutos despois para selar a vitoria e os últimos tres puntos en xogo esta tempada.

 

“Despedimos la Liga Gallega con una victoria. Esperamos volver pronto, es el lugar en el que merece estar la Resi” CRISTIAN SDC Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu