A Residencia puido deixar a eliminatoria sentenciada na Coruña

En Cadete, Cadete Autonómica, Fase de Ascenso, Principal

ANTONIO GÓMEZ – SDC Residencia

“Nos quedan 80 minutos. Con la actitud de hoy el objetivo está más cerca”

SAN TIRSO B 1 – RESIDENCIA 2

A Residencia tomou unha vantaxe que, sen ser decisiva, achega aos de Antonio Gómez un pouco máis ao ascenso á Liga Galega cadete. Todos asinarían a principios de tempada xogarse o ascenso a un partido en casa e con vantaxe de dous a un no marcador. Sobre todo tras ver a superioridade lucense no partido de ida. De aí a que o único pero foi que a Residencia puido volver de San Tirso cunha renda moito máis ampla.
No primeiro minuto de xogo Conde xa ameazou co cero a un, igual que Martín Bena. Aínda así, cando todo parecía controlado, o San Tirso B sacou tallada dunha acción illada para facer o un a cero tras un saque de banda sen aparente perigo.
O gol dos locais sacou do partido á Residencia, que pasou polos seus peores momentos do encontro, pero sen ter complicacións defensivas, aínda que se puido palpar a calidade individual dos xogadores herculinos.
Aos poucos os da Cheda recuperaron o pulso, e froito diso chegou o empate antes do descanso. Un gol que asinou García cun disparo que, tras tocar nun defensa, despistou ao porteiro local.
O San Tirso B aproveitou o descanso para volver tomar o mando do partido no inicio da segunda parte. Á Residencia notábaselle algo cansa, e Antonio Gómez moveu ficha cos cambios. Roi pasou a ser o dono do medio campo e a partir de aí a Residencia creceu en ataque e secou ao San Tirso en defensa.
Tan só faltaban as guindas dos goles, e esta chegou cun certeiro remate de Conde de cabeza ao anticiparse ao porteiro e a un defensa do San Tirso.
Co un a dous a Residencia foi o claro dominador do tramo final dun partido no que Hernández e Martín dispuxeron das ocasións máis claras para que o marcador de cara ao partido de volta fose moito máis cómodo para os de Antonio Gómez.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu