A Residencia perdonou e o Rácing medrou

RESIDENCIA-VILLLALBÉS
O gol segue a confírmarse coma asignatura pendente de Residencia e Rácing Villalbés neste 2023, no que ambos conxuntos seguen sen marcar nos dous encontros disputados.
O último no derbi Provincial que citou a ambos na primeira xornada da segunda volta na Cheda, onde a Residencia foi moito mellor no primeiro tempo pero deixou con vida a un Rácing que mellorou moito tralo paso polos vestiarios.
Nos primeiros corenta minutos os capitalinos levaron o peso do encontro, máis intensos, gañanado os duelos directos, as segundas xogadas e dispoñendo das mellores ocasións, sendo as máis claras cun remate de Maseda e un man a man de Martín no que Carlos lle gañou a partida.
A Residencia mereceu ir por diante no marcador ao descanso ante un Villalbés no que Vitín plantexou unha novidade táctica, defendendo con tres centrais ao meterse Dani Orosa na liña defensiva e atacar co capitán en medio campo.
No descanso o adestrador chairego deu ca tecla e cun par de axustes o Rácing mellorou significativamente ante unha Residencia que perdeu por lesión a Álex, que ata ese momento estaba sendo o mellor xogador do encontro.
Ao final, pese á ocasión de Anes no segundo tempo e de Iago Rouco en dúas ocasións, e Augusto para o Villlalbés, o cero a cero inicial mantívose no marcador ata o asubío final.

Salir de la versión móvil