A Residencia mete presión ao Lugo, que xogará mañá contra Franciscanos

En Alevíns, Primeira División Alevín

O axustado triunfo dos branquiazuis por 0-2 ante un gran Burela colocaos na primeira posición cun partido e tres puntos máis que os albivermellos, que de gañar mañá recuperarían o primeiro posto.

Os de Yoni teñen o golaverage a favor ante os da Cheda e todo se decidirá na derradeira xornada, na que os de Kaiser están obligados a gañar fronte a Ferroviaria e terán que esperar o tropezo do Lugo na costa, no encontro ante o Santiago de Foz.
No outro partido xogado esta fin de semana o Viveiro impúxose na Frigsa á Ferroviaria. Todos os goles chegaron na segunda parte tras unha primeira de máxima igualdade. Sasha adiantaba aos celestes e pouco despois Xoel facía o 0-2, un mazazo para os de Javi Baamonde que, pese a iso, conseguiron recortar distancias por medio de Teijeiro a cinco minutos para o final, pero no último suspiro Sasha selaba o definitivo 1-3.

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu