A Residencia infantil volve á Liga Galega

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

KAISER – Residencia

“Gracias a todos por este año tan fantástico. Temporada de 10 a la que se le puso el broche final con el ascenso. Gracias César y gracias a todos los jugadores”

ORILLAMAR 2 – RESIDENCIA 4

A travesía da Residencia en categoría Provincial foi curta e pracenteira, xa que os da Cheda volveron á máxima categoría do fútbol base infantil sen que se cumprise un ano do seu descenso, e fixérono pola porta grande.
Ao longo da tempada gañáronse a pulso poder chegar a esta cita, na que se xogaban a unha carta o ascenso co Orillamar, a partido único e en campo neutral.
Á Residencia custoulle meterse no partido, entrou tarde aos vestiarios e os prolegómenos non foron os idóneos para disputar un partido con tanto en xogo.
O Orillamar saltou mellor ao campo, meteu á Residencia na súa área nos primeiros minutos e ata se lle anulou un gol por fóra de xogo. Os de Kaiser saíron con vida do tramo inicial, e aos poucos foron crecendo ata facerse co partido.
Dani Pérez inaugurou o marcador no ecuador da primeira parte, ao aproveitar un rexeite tras tiro de Iván, mentres que o propio Iván levou o marcador ata o cero a dous ao aproveitar un bo pase de Luisito e bater ao porteiro herculino no man a man.
Antes do descanso, un exceso de relaxación propiciou o un a dous. Pero tralo paso polos vestiarios Iván volveu ver porta e asinou o un a tres. O Orillamar deu o seu último coletazo co dous a tres, xa que co dous a catro que asinou Lombardía, cun golazo desde fóra da área, o partido terminouse. A Residencia apelou á solvencia e Juanillo non tivo que intervir no tramo final, no que se contaron os minutos para iniciar a celebración pola volta á Liga Galega infantil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu