A Residencia é de Liga Galega xuvenil

En Fase de Ascenso, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

DANI GALÁN – Residencia

“Enhorabuena a todos, porque desde el primer entrenamiento teníamos este objetivo marcado y fuimos a por él”

RESIDENCIA 1 – EUME 0

A Residencia volve á Liga Galega xuvenil. Os da Cheda certificárono sen gastar ningún comodín, pola vía rápida, tras impoñerse na eliminatoria de campións que lles mediu co Eume a partido único na Gándara.
O plan trazado desde o mes de agosto cumpriuse. Á Residencia, cun equipo feito para ascender, non lle pesou a presión e coa forza do grupo por bandeira despedíronse da Liga Provincial.
Noventa minutos ou o camiño máis longo. A Resi elixiu a primeira opción aínda que sufriu, e moito, sobre todo na recta final da primeira parte na que o Eume acariñou o gol nun par de ocasións claras.
O descanso foi moi ben recibido polos lucenses, pero o intermedio fíxoselles longo. Recuperaron forzas e saltaron ao terreo de xogo con tempo de antelación, con ganas de xogar, mentres que o Eume aínda estaba no vestiario.
A Residencia monopolizou a segunda parte por completo. Dificultando a saída de balón para despois replegarse e saír á contra. Os de Dani Galán estiveron moito máis enteiros fisicamente ante un Eume que se diluíu.
Tan só faltaba a guinda do gol, e esta estivo a piques de chegar cun man a man de Veloso nunha acción na que se luciu o porteiro rival. Pouco despois, de novo Veloso gañou por velocidade e calidade á defensa do Eume, asistiu, e Lucas, tras un primeiro remate que se estrelou no poste, acertou para asinar o un a cero. A partir de aí a Residencia tirou de oficio, durmiu o partido e cumpriu o obxectivo marcador no mes de agosto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu