A Residencia colle aire

En Liga Galega, Xuvenil

Os de Dani Galán volveron gañar na Liga Galega xuvenil

Vitoria importante pola súa necesidade en forma de puntos e confianza a que conseguiu a Residencia para cortar a sangría de catro xornadas sen gañar.
Galán cambiou un pouco o patrón de xogo e viuse unha Resdiencia máis directa. Con todo, nos primeiros minutos o Estrada dispuxo dunha clara ocasión que puido cambiar o guión do encontro.
Aos poucos García foise facendo dono do centro do campo e ao goteo de ocasións por medio de Fonseca, Pablo de la Iglesia e Ander faltoulle a guinda do gol antes do descanso.
Nada máis empezar a segunda parte Fonseca culminou unha boa xogada de Ander. A Residencia puido ampliar a conta, pero perdoou e o Estrada foise con todo, ata con algunha colaboración arbitral, a polo empate que chegou a dez minutos para o final tras unha falta directa na frontal da área.
No medio do dominio local o dous a un parecía cuestión de tempo, pero a Resdiencia sacou forzas de fraqueza e, tras un centrochut de Conde, apareceu Javi Reigosa para empuxar o balón ao fondo das mallas e subir o un a dous ao marcador.
Nos últimos cinco minutos o Estrada, a base de corners e de colgar balóns, asediou a portería lucense, pero a Residencia resistiu en pé para volver á senda da vitoria.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu