A Residencia alzouse co trofeo de Copa en Foz

En Prebenxamíns, Segunda División

O Lugo B amosou as credenciais de cara ao vindeiro curso. Os albivermellos igualaron antes do descanso un 3-0, pero non puideron co segundo arreón dos branquiazuis

 

RESIDENCIA A 7 – CD LUGO B 3

A Residencia, que foi de menos a máis esta temporada, alzouse co título de Copa en Foz ante un Lugo B, que pisa forte de cara ao que vén.
A diferenza física foi unha das chaves do partido entre os dous aspirantes aoa trofeo tras unha fase de grupos na que sumaron todos os puntos en xogo, gañando os tres partidos disputados. O Santiago de Foz, que finalmente sería terceiro, foi quen máis difícil llelo puxo aos branquiazuis (2-1) mentres que o Rácing Villalbés A foi o que logrou un marcador máis axustado contra o Lugo B (0-1).
Na final, a Residencia amosou axiña a súa carta de presentación. Hernán, con dous disparos lonxanos, adiantou aos branquiazuis, que pronto incrementarían a renda con outro tanto de Iker.
O encontro poñíase costa arriba para o Lugo B que, sen embargo, soubo reaccionar. Nacho avisou nun man a man contra o porteiro que non aproveitou e logo Hugo, nun córner, conectou un remate que se foi fóra por pouco. Á terceira chegou o premio para os albivermellos, que recurtaron distancia por medio de Hugo e que acabarían igualando o encontro con dous tantos máis antes do descanso. Un de Nacho e outro de Hugo.
As forzas volveron equilibrarse de cara á segunda metade pero, na posta en escena, volveron aparecer Hernán e Iker, con dous goles cada un, para despexar o camiño ao título para os branquiazuis.
O Lugo B tivo opción de volverse meter no encontro cun man a man de Nacho cando o marcador era de 5-3, pero o gol resistiuse para os albivermellos e a Residencia encarou o partido final sen ningún sobresalto.
O Santiago de Foz fíxose coa terceira praza despois de vencer ao Corgo, que tamén firmou un bo torneo. Os de Asier gañaron por tres a cero.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu